Páxinas vistas en total

viernes, 26 de octubre de 2012

Festividades celtas e a súa relación na Galiza

Según os estudiosos dos celtas: Françoise Le Roux e Christian-J. Guyonvarc'h(As festas celtas. Ed. Toxosoutos 2003) os celtas dividían o ano en dúas metades, basado no calendario galo de Coligny:
1) Metade oscura, sombría:
-Samonios(Lunación outubro-novembro)
-Dvmannios(Lunación novembro-decembro)
-Rivros(Lunación decembro-xaneiro
-Anagantios(Lunación xaneiro-febreiro)
-Ogronios(Lunación febreiro-marzo)
-Cvtios(Lunación marzo-abril)

2) Metade clara:
-Giamonios(Lunación abril-maio)
-Simivionnos(Lunación maio-xuño)
-Eqvos(Lunación xuño-xullo)
-Elembivios(Lunación xullo-agosto)
-Edrinios(Lunación agosto-setembro)
-Cantlos(Lunación setembro-outubro)
                                           Vista da placa-calendario de Coligny reensamblada

As festividades celtas e o seu calendario tiñan moito que ver cos ciclos agrícolas.
Hai algunhas diferenzas non nomes das festas según sexan tomados dos celtas britónicos e continentais ou dos irlandeses, aínda que as datas eran aproximadamente as mesmas.
As principais son: Samaín, Imbolc, Belteine e Lugnasad.
Samaín e Belteine son festas solsticiais e Imbolc e Lugnasad son festas equinocciais.

Samaín ou Samhain

É unha comuñón cos espíritus dos mortos. Celebraban a fin do tempo das colleitas e tempo no que as ánimas dos mortos viñan visitar ós seus familiares vivos. Lunación outubro-novembro.
É algo así coma o Ano Novo céltico, marcaba o final dun ano e o comezo dun novo.
Un dos estudiosos do tema, Rafael López Loureiro, dinos que existía por toda Galiza ata hai menos de trinta anos. Tamén nos analiza a súa relación co costume das cabazas talladas en forma de caveiras e co culto á morte e dínos que en zonas coma Quiroga(Lugo) as cabazas eran secadas e usadas coma máscaras no carnaval. 
Hai varias hipótesis para asociar as cabazas ó Samhain, algún relato das lendas dí que un mozo irlandés chamado Jack morríu e era tan malvado que non merecía sitio no inferno nin no ceo e o seu espíritu víuse obrigado a vagar polo mundo implorando a entrada nun deles, e manifestábase ós viventes levando unha cabaza oca cunha vela dentro. Outro relato dí que que a cabaza collíu ese aspecto de caveira porque a bruxa castigou a Jack, por negarse a axudarlle a preparar a sopa de Samhain, facendo desaparecer dentro da cabaza e esta collíu ese aspecto.
Nesta noite era costume deixar o lume acceso e unha cadeira baleira na mesa con comida e bebida para que as ánimas tiveran un sustento. Nunca se debía barrer a lareira para non afastar as ánimas.
Outro estudioso, Xoán Xosé Pérez Labaca, defende a pervivencia do Samaín e dí: "aquí era fai uns anos, nalgúns sitios aínda é, moi habitual polas vésperas do Día de Defuntos coller cabazas ... e facer con elas caras aterradoras cuns ollos e unha nariz abertos e colocando uns pauciños, como dentes, na feroz boca aberta, ás que se lle poñía dentro acendido un cabo dunha vela".

Outros estudiosos nos dín que a chegada das ánimas podían supor un potencial perigo e que debían defenderse del poñendo nos muros e nos vans das paredes as caveiras dos seus inimigos con unha candea de sebo acesa para que as ánimas non se achegasen ós castros nin as casas. Encendíanse lumes sagrados nos que logo se acendían as lareiras. Estas fogueiras guiaban ós mortos na procura dos seus familiares.

A partir da década de 1990 a celebración do Samaín comezou a celebrarse na maioría das vilas e colexios de toda Galiza

Entre outros autores, Méndez Ferrín defende que é unha falsa tradición en Galiza inexistente ata a recuperación dos 90 e é unha "costume imposto polo imperialismo norteamericano"
Outras opinións din que esta tradición non foi recollida por ninguén e que etnógrafos coma Mariño Ferro, Risco ou González Reboredo non fan ningunha mención.

O magosto ten en Galiza unha tradición especial nestas datas en Galiza.
Escribe Antonio Fraguas Fraguas en "A festa popular en Galicia", Cadernos da área de arte/Comunicación 5, Ediciós do Castro, 1996: "Ten(O Magosto) como día para a celebración o día de Tódolos Santos, e nalgúns lugares o día de San Martiño".
Tamén era propio destas datas as festas populares(fiadas, ruadas, etc.), dí Antonio Fraguas Fraguas en "A festa popular en Galicia", Cadernos da área de arte/Comunicación 5, Ediciós do Castro, 1996: " Nos arredores de Santiago non tiñan(as festas populares) data fixa, en Portomouro, Zas, Buxán celébranse os domingos e festivos, dando comezo ó rematar os traballos de recolección e sementeira"

Primeiro os romanos conquistaron o territorio celta e foron influenciando e mesmo introducindo as súas costumes, coma a deusa da colleita Pomona. Logo os cristiáns declararon as costumes célticas coma heréticas e destruíron as súas tradicións impoñendo os seus equivalentes santos( si non os tiñan inventábanos) demonizando as crenzas celtas e convertíndoos ó cristianismo, así convertiron Samaín no día de Todos os Santos de onde ven o nome inglés de Halloween.

Imbolc

Asociado a fertilidade. Lunación Xaneiro-Febreiro.
É o período da lactancia das ovellas e do seu parto. Festa da luz que é cando os días son cada vez máis longos e a esperanza da primaveira.
Imbolc foi desaparecendo das festividades e dando paso a Bríxida e a Candeloria
En Galiza celébrase a festa das Candeas.
É típico destas datas en Galiza (aínda que non se pode asegurar que é pervivencia céltica, máis ben é das Lupercalias romanas, aínda que estas ten pervivencias anteriores) o entroido, antroido, entruido ou carnaval e o igual cas festas célticas correspóndese cas lunacións, concretamente o entroido corresponde ca derradeira lúa nova do inverno, xa que a Pascua é no 1º domingo plenilunio da primaveira (mataron a Xesús durante a Pascua de Xudea, que se celebraba co plenilunio de primavera) e o entruido non pode caer máis baixo do 1 de febreiro nin máis alto do 7 de marzo, e a Pascua non pode caer máis baixo ca o 22 de marzo nin máis alto ca o 25 de abril. En caso de que esta data fose domingo pasaríase ó seguinte para non facela coincidir co Pésaj, festa xudea que conmemora a saída do pobo hebreo de Exipto. Os entroidos perviviron en Galiza pese as persecucións eclesiásticas e as prohibicións franquistas.
Celebrávase na honra da diosa Bríxida, deusa da fertilidade e nai de todos os deuses,  que o cristianismo adoptou na honra da "santa" Brígida.

Beltane ou Bealtaine

Festa do bo lume, o comezo do verán e a época de levar o gando ós pastos de verán. Lunación Abril-Maio.
Dí Manuel Alberro en Os celtas da antiga Gallaecia: "Beltain, o 1 de maio, foi o día no que os partolonianos, e despois deles os celtas milesios procedentes de Galicia invadiron Irlanda segundo o Lebor Gabhála ou Libro das Invasións de Irlanda (MacCalister, 1938-45)"
Prendíanse fogueiras nas montaña e ladeiras das montañas na véspera de Beltane. Asociada ó deus Beleno.
Os celtas irlandeses facían pasar o gando entre dúas grandes fogatas para protexelo de pestes e accidentes. Esta costume pervivíu en Galiza. Outro costume que pervivíu foi o de adornar as casas con ramas e frores silvestres, lavarse co orballo do amencer e beber auga dos pozos sagrados.

En Galiza celebrábase unha  recollida nocturna nos campos de cultivo con fachucos ou fachuzos estendendo a súa cinza pola terra. Aínda perviven as celebracións relacionadas con Beltane nos maios , no que se chantaba un tronco de árbore no centro das aldeas e se engalanaba con ramas e cintas de cores cunha simboloxía fálica relacionada ca fertilidade onde se elixía a Maiadama, unha moza de blancas roupas ornadas con frores e motivos vexetais.
Noutras culturas corresponde ca Afrodita grega, as romanas Ceres, Flora e Maia.

Lughnasadh ou Lugnasad

Relacionada ca maduración do gran e das colleitas e o destete dos xatos e años. Lunación Xullo-Agosto
Adicado en principio a deusa da natureza Tailltu, e logo ó seu fillo adoptivo o deus pancéltico Lug. Bodas de Lug.
A Igrexa rebautizouna e cristianizouna co nome de San Miguel.

Bibliografía consultada:

Françoise Le Roux e Christian-J. Guyonvarc'h: As festas celtas. Ed. Toxosoutos 2003
Manuel Alberro: Os celtas da antiga Gallaecia. Ed. Toxosoutos 2004
Diccionario mitológico y folklórico céltico-galaico, Betanzos, Briga Edicións, 2004
Los Celtas en la península Ibérica: origen y personalidad cultural, En Almagro-Orbea y Ruiz Zapatero, eds.
Bouza Brey, F.: Etnografía y Folklore de Galicia, Vigo, Ed. Xerais, 1982

2 comentarios:

  1. Si te interesa el tema hechale un vistazo a este blog:

    http://deobrica.blogspot.com.es/2014/10/descifrando-el-calendario-celta.html

    ResponderEliminar
  2. Gracias, Deobriga. Muy completo. En mi blog solamente pretendo un resumen y su relación con Galicia.
    Saúdos

    ResponderEliminar